jueves, 6 de septiembre de 2012

NOVA FRAUDE SIMILAR AS PREFERENTES


Artigo de
CORES DE CAMBADOS



Unha nova “fraude” para os pequenos aforradores. Resulta que tras o Decreto do pasado venres do Governo Rajoy, no que se oficializaba a terceira reforma finacieira, unha cantidade aínda sin concretar de aforradores verán como os seus cartos poden pasar de depósitos e contas a medio e longo prazo a algo moi parecido a Preferentes ou Subordinadas.

A reforma financieira levaba consigo unha serie de requisitos para as entidades de aforro que obligaban a esa transformación. Eses requisitos repercuten nos aforradores e non na entidade en sí.

Para que quede máis claro un exemplo moi útil. Imaxinemos un pequeño aforrador que inviste, supoñamos, 5000 euros en depósitos a prazo fixo durante 5 anos no ano 2010 e polo tanto chegado ese ano ou os podería retirar ou ampliar o tempo de duración negociando un novo interés dependendo do tempo de duración. Ata aquí nada que ver coas participacións preferentes ou subordinadas. Pero é aquí onde veñen as novidades. Agora atópanse coa posibilidade de non poder recuperar os seus investimentos ou de ser recuperados non facelo na sua totalidade.



Estes días andan os empleados das entidades chamando un a un aos novos afectados, algúns deles xa antepuxeron as suas queixas nas oficinas locais de información ao consumidor. Moitos dos afectados culpan a os empregados das entidades, pero desta vez teñen pouca culpa do que está a pasar.

Do que aconteza a partires de agora seguirémoslles informando.



No hay comentarios:

Publicar un comentario