Pages - Menu

lunes, 10 de septiembre de 2012

Empanada de atún ou bonito



Que sería da nosa gastronomía sen as empanadas, de numerosos ingredientes pero que  sempre están presentes nas nosas romarías, festas e festexos varios, para levar a praia, para ir comer ao monte, ..... dicir empanada é pensar en comida galega.

Por iso a proposta de hoxe vai ser unha das máis clásicas de Galicia pero xa sabedes que podedes variar o recheo ao voso gusto.


Empanada de atún ou bonito


Ingredientes:
Para a masa: 1/4 litro de auga morna
15 ó 20 gr de levado fresco
1 ovo
700 gr fariña de trigo mais  a que se precise
 1 migalla de sal. 
Para o recheo: aceite de oliva
3 cebolas grandes
1 pemento vermello grande
2 dentes de allo
1/2 copa de viño albariño 
atún ou bonito en conserva

Preparación:

Preparamos a masa: para elo disolvemos o lévedo na auga xunto o sal e botamos o resto de ingredientes e vamos amasando ata obter unha masa elástica. Deixamos repousar durante media hora.                                                              

Preparamos o recheo:  Poñemos nunha tarteira un pouco de aceite de oliva ao lume e engadimos a cebola picada, deixamos que se fagan ben e engadimos o pemento vermello picado e os dentes de allo. Deixamos que se frita ben e engadimos a copa de viño albariño e deixamos cocer durante 5 minutos. Retiramos do lume e escorrimos o aceite. 
Partimos a masa en dous cachos e estiramos un deles, poñemos encima dun papel de forno que temos enriba da bandexa do forno.
Enriba da masa botamos a mistura da cebola e do pemento fritido. E por riba botamos o atún ou bonito escorrido. Estiramos ben e aplastamos coa man para que nos quede fino.
Estiramos a outro cacho de masa e tapamos a empanada. Pechamos ben polos bordes e facemos un buraco no medio para que a empanada respire. Podemos decorar cunhas tiras de masa. 
Quentamos o forno a 180º e metemos a empanada a cocer durante 30 minutos ( dependendo do forno), retiramos cando vexamos que a masa este dourada.

Cando saquemos a masa do forno podemos pintala co aceite onde fritimos a cebola e o pemento para darlle un pouco de brillo.
Deixamos arrefriar e lista para comer. 

Ata o próximo lúns dende  " La cocina de mi abuelo"

5 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Una masa deliciosa y fácil, el relleno de lujo. Besoss,

    ResponderEliminar
  3. Ola a todas/os,
    A receita está fenomenal, pero para non botar tanto tempo na cociña e ter masas preparadas para facer outras empanadas, é posible conxelar a masa que aparece na túa receita? Se é así, canto tempo pode manterse en boas condicións no conxelador?

    Un degustador
    Apertas de Manuel Busto

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que se pode conxelar, eu a conxelo, pero nunca a tiven máis de dous meses. So tes que deixala desconxelar a noite anterior e lista para estirar e facer a empanada.

      Un saúdo

      Eliminar